Últimas Noticias:




PONSE EN MARCHA O PINCHORRIÑO 2016 (03/11/2016)
Ver


O CENTRO COMERCIAL ABERTO DO PORRIÑO (MOREA) PREPARA XA A XVª EDICIÓN DE “MERCA NA RÚA” (01/09/2016)
Ver


ACIPOR ORGANIZA DOUS CURSOS DE ATREZZO E PAQUETERÍA (21/07/2016)
Ver



Ver todas las noticias
En Porriño tus compras

Conoce O Porrino - Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA - ACIPOR



QUE É E ONDE ESTÁ?

 

O Concello do Porriño ten unha superficie de 61,31 Km2. Está situado ao suroeste de Galicia na provincia de Pontevedra, a unha distancia de 36 Km da citada capital, e a 15 minutos da fronteira con Portugal. Delimita cos termos municipais de Mos e Vigo ao norte, Ponteareas e Salceda de Caselas ao este; Tui ao sur e Gondomar ao oeste. Atravésao de norte a sur o río Louro ata Tui, onde ver as súas augas no río Miño. Conta cun total de 19.040 habitantes que conviven en oito parroquias cuxos nomes son: Atios, Budiño, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas, Torneiros e o Porriño.


LUGARES DE INTERÉS

AS NEVES
Casa señorial fundada en 1350, situada na Parroquia de Budiño.

 

CASA DO AGRO
Ano 1479, situada na Parroquia de Pontellas.


CRISTO DOS CACHOS
Ano 1810, situado na rúa Cruceiro (Porriño)


TEMPLETA DA REDE DE SAN LUÍS
Construído por Antonio Palacios en 1919, situado no Parque Infantil (Porriño).


FONTE DO CRISTO
Construída en 1907 por Antonio Palacios, situada na Rúa Ramón Glez. (Porriño).


PAZO MUNICIPAL
Construído en 1920 por Antonio Palacios, destruído en parte por un incendio en 1976 e reconstruído en 1983. Nel está situada a Casa do Concello na rúa Antonio Palacios (Porriño).


BOTICA NOVA
Construída en 1912 polo arquitecto Antonio Palacios, situada na rúa Servando Ramilo (Porriño).


OS MUÍÑOS NO PORRIÑO
O Porriño conta en todas as súas parroquias con numerosos muíños de auga donde a súa función orixinaria era a de moer cereais. Son edificacións sinxelas pero igualmente fermosas, situadas en moitos casos en contornos naturais de gran beleza e que son unha parte fundamental do noso patrimonio etnográfico e histórico. Estes muíños podénse visitar nas parroquias de Mosende, Chenlo, Cans, Pontellas, Budiño e Atios.

 

SENDEIROS
Porriño conta con lugares dunha riqueza natural, paisaxística e cultural de gran valor. As sendas e camiños antigos que percorren os montes e o val deste municipio permiten gozar da natureza, a arte e a cultura. Entre estes sendeiros cabe destacar: O Sendeiro das Greas, cun percorrido de máis de 200 kilómetros, dos cales arredor de 22 transcorren no concello do Porriño. O Sendeiro dos Muíños, cun percorrido de 8 kilómetros. O Sendeiro das Insuas, cun percorrido de 9 kilómetros.


RECURSOS ECONÓMICOS

 

O Porriño grazas a súa situación estratéxica, as posibilidades de comunicación e a capacidade emprendedora das súas xentes é un pobo inminentemente comercial e empresarial. Conta con dous Polígonos Industriais "As Gándaras e a Granxa" e unha destacada actividade graniteira "Rosa Porriño".
No casco urbán concéntrase a maior parte dos comercios contando con máis de 300 establecementos e empregando aproximadamente a 1.000 persoas.