Últimas Noticias:




PONSE EN MARCHA O PINCHORRIÑO 2016 (03/11/2016)
Ver


O CENTRO COMERCIAL ABERTO DO PORRIÑO (MOREA) PREPARA XA A XVª EDICIÓN DE “MERCA NA RÚA” (01/09/2016)
Ver


ACIPOR ORGANIZA DOUS CURSOS DE ATREZZO E PAQUETERÍA (21/07/2016)
Ver



Ver todas las noticias
En Porriño tus compras

  Noticias de interés - Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA - ACIPOR


Listado de noticias:


Desde 1 hasta 6 de 20 elementos

12 3 4     Siguiente >>

PONSE EN MARCHA O PINCHORRIÑO 2016

CCA MOREA - 03/11/2016
Ver noticia

Porriño inicia mañana una nueva edición de las jornadas de degustación de pinchos "O Pinchorriño". Será la undécima entrega y desde la organización se espera batir un nuevo récord en lo que a tapas servidas se refiere, cifrando en 72.000 la cantidad de pinchos que será posible degustar durante todos los viernes y sábados del presente mes de noviembre en horario de 19.00 a 23.00 horas. Entre las tapas que podrán probar las personas que se acerquen a algunos de los 21 locales hosteleros participantes se encuentran las empanadillas vegetales, las hamburguesas veganas, tostadas calientes en pan de Porriño, albóndigas en salsa verde, perritos calientes en tres salsas o chupito de tortilla de patatas. Además, algunos locales ofrecerán pinchos sin gluten, como la piruleta de solomillo de pollo crocante con toque asiático. Todas las propuestas de tapas, además de los nombres y direcciones de cada uno de los establecimientos que participan en el XI O Pinchorriño, pueden ser consultados descargando la aplicación móvil "Quedamos de Tapas". Como suele ser habitual, se realizará un sorteo entre los participantes que acrediten haber tomado pinchos en cuatro locales diferentes. Los ganadores podrán disfrutar de dos fines de semana en una casa rural. La presentación tuvo lugar ayer en la Casa del Concello y contó con la asistencia de la presidenta de Acipor, Juana Pérez, de su gerente, Noelia Conde, del presidente de Ahospor, José Manuel Fernández, el primer teniente de alcalde, Manuel Carrera, y representantes de algunos de los 41 locales participantes. Carrera destacó que este año una de las novedades consiste en la posibilidad de pasar por las dependencias de la Policía Local para hacer un control preventivo "antes de coger el coche", de manera que las personas que se acerquen a Porriño desde otras localidades puedan valorar si están en condiciones de conducir.

[...]
      Leer más...

O CENTRO COMERCIAL ABERTO DO PORRIÑO (MOREA) PREPARA XA A XVª EDICIÓN DE “MERCA NA RÚA”

CCA Morea - 01/09/2016
Ver noticia

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), a través da súa presidenta, Dona Juana Pérez Rodríguez informou hoxe da próxima celebración da XVª edición da feira de oportunidades “Merca na Rúa”, un evento que nesta ano 2016, acada a súa XV edición, deixando constancia con elo de que é, sen dúbida, un evento consolidado e de referencia na área. O fixo nunha rolda de prensa celebrada na mañá de hoxe no Concello do Porriño, á que tamén asistiu o concelleiro de comercio, Marcelino Coto. O “Merca na Rúa 2016” celebraráse os vindeiros días sábado 3 das 10 horas da mañá ás 21:30 horas da noite, e o domingo 4 de setembro de 11 horas da maña ás 20:30 horas da tarde, na zona peonil da rúa Ramón González. Nesta edición, serán máis de 25 os establecementos que participarán no “Merca na Rúa”, o que supón unha ampla oferta de produtos aos asistentes. Textil, deportes, moda e complementos, confección, calzado, moda infantil, xoguete, pequeno electrodoméstico, marquetería, óptica, etc… serán entre outros moitos, algún dos servizos e produtos que non quixeron perderse a nova edición de “Merca na Rúa”. Asimesmo, como noutras ocasións, o “Merca na Rúa” disporá de animación para nenos e nenas, coa presenza de hinchables gratis para o seu disfrute.

 

Un evento consolidado que atrae cada vez a máis consumidores

 

A presidenta de ACIPOR Dona Juana Pérez Rodríguez destacou como conclusión, que “Merca na Rúa” convertiuse xa nun evento consolidado para o noso comercio e un evento atractivo para os consumidores non só do Porriño, senón tamén da nosa área. Bó exemplo delo é a crecente afluencia de compradores e o progresivo aumento de establecementos que queren participar, que cada ano, vai medrando, dando testimonio da importancia crecente da feira.

[...]
      Leer más...

ACIPOR ORGANIZA DOUS CURSOS DE ATREZZO E PAQUETERÍA

CCA Morea - 21/07/2016
Ver noticia

A Asociación de Comerciantes e Industriales de Porriño ACIPOR, quere informar que dentro da súa área de formación, organizou dous cursos de formación para mellorar as competencias en materia de imaxe de locáis comerciáis e en paquetería, no que poden participar os comerciantes e establecementos porriñeses asociados a ACIPOR. Os cursos, que se van a desenvolver no mes de Agosto, serán sobre “Paquetería” e creación de “Atrezzo para escaparates” e son totalmente gratuitos. Están dirixidos a autónomos e traballadores por conta allea pertencentes a ACIPOR. As datas de impartición serán: CURSO CREACIÓN DE ATREZZO (6 HORAS): 22, 24 e 26 DE AGOSTO EN HORARIO DE 20.30 A 22.30 HORAS. CURSO DE PAQUETERÍA (4 HORAS): 29 e 31 DE AGOSTO EN HORARIO DE 20.30 A 22.30 HORAS. Para máis información ou inscripción, os interesados podedes chamar ao teléfono 986 334 000 (de 9:30 a 14:00 horas) o en el mail: acipor@acipor.com

[...]
      Leer más...

Volve a campaña “Venres por 15%” de ACIPOR para atraer consumidores

CCA Morea - 25/04/2016
Ver noticia

A Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) e o Centro Comercial Aberto “Morea” voltará a por en marcha o vindeiro venres 29 de Abril a campaña “Venres x 15%”. Unha campaña que ten como obxectivo realizar o último venres de cada mes un importante descontó do 15% aos consumidores que ese día realicen as súas compras. Trátase dun novedoso formato de atracción ao consumo que pretende potenciar as vendas dos establecementos adheridos á campaña cun importante descontó incentivando con elo a actividade comercial que ACIPOR e o CCA Morea levan realizando nos últimos meses con un seguemento cada vez maior. A campaña, que comezou o pasado mes de outubro, permitiu ao comercio do Porriño gañar relevancia metropolitana con este atractivo que agardan consolidar e “por de moda” para que os consumidores poidan beneficiarse deste importante desconto. Sector confección, sector complementos, zapatería, roupa deportiva, xoiería, etc… son algúns dos sectores que participarán nesta campaña que xa ten un importane número de establecementos adheridos á campaña.

[...]
      Leer más...

ACIPOR E A ASOCIACIÓN DE PANADEIROS LANZAN A CAMPAÑA “PAN DO PORRIÑO, PAN DE PANADARÍA” APADRINADA POLA ACTRIZ ARETA BOL

CCA Morea - 25/01/2016
Ver noticia

 

O Porriño, luns 25 xaneiro.- O Concello do Porriño foi testigo hoxe da presentación da campaña “Pan do Porriño, Pan de Panadaría, o proxecto da Asociación de Comerciantes (ACIPOR) e de Panadeiros do Porriño co que queren impulsar a imaxe do tradicional pan porriñés.  

 

Á roda de prensa  a que asistiu a presidenta de ACIPOR, Juana Pérez, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre e o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, unha nutrida representación do sector panadeiro do Porriño e a actriz porriñesa, Areta Bolado, premio María Casares de Teatro Galego, que apadrinou a campaña.

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, quen asistiu á presentación desta iniciativa este luns no Concello, acompañada polo concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, reivindicou a declaración como parte do proxecto do goberno local de potenciar a "marca Porriño" que, salientou, "abrangue todo o que temos  todo o que somos, polo cal Porriño é coñecido dentro e fora de Galicia e, sen dúbida ningunha, unha deses sinais propios é o noso pan, un dos mellores do mundo".

 

Pola súa banda o concelleiro de Comercio, logo de gabar o traballo dos comerciantes e panadeiros porriñeses, puxo ao seu dispor toda colaboración do Goberno local para sacar adiante esta proposta. Marcelino Coto adiantou que o plan de orzamentos para este ano recolle unha partido concreta para ista finalidade, e comentou que o Concello está a estudar que "o pan do Porriño teña un día de seu ou unha feira que permita poñelo en valor".

 

A presidenta da ACIPOR, Juana Pérez, destacou a tradición panadeira do Porriño como un “dos tres ou catro temas que definen a Porriño”, e destacou a historia do pan do Porriño e do papel que que este pan ten na historia do Porriño.  Os representantes dos panadeiros,, "moitos dos cales descenden dos primeiros que empezaron a facer, na época napoleónica o primeiro pan que fixo famoso a Porriño, o "pan de munición", animou aos mesmos a continuar a tradición que levou ao pan do Porriño a ter sona na bisbarra, na provincia e máis aló para facer do noso pan un pan de altísima calidade.

Asimesmo, agradeceu ao concello a súa implicación e pediu o maior apoio a este proxecto, ao que sumou, incluso a petición de que o pan do Porriño conte cun evento gastronómico propio e diferenciado.

 

Unha Festa para o Pan do Porriño, IXP Pan Galego e un Regulamento Propio para o Pan do Porriño.

 

 Así, ACIPOR e Panadeiros, ratificaron a necesidade de que O Porriño conte cun evento propio para reivindicar o pan do Porriño, evento que debería ser diferenciado doutros xa esistentes, como a Festa dos Callos do Porriño.

 

O sector panadeiro representado hoxe na figura de Juan “Chinchina”, agradeceu a ACIPOR o seu apoio na Campaña e ao Concello pola vontade de implicarse no mesmo. O Presidente da Asociación de Panadeiros, Jose Antonio Argibay, tamén afirmou ademáis de loitar por estar presentes, cun subetiquetado propio na IXP “Pan Galego”, que recoñeza o carácter singular do “Pan do Porriño”, a nivel local se abre un proceso traballoso no que os panedeiros que traballamos para ter unha marca propia, a do Pan do Porriño.  “Teremos que poñernos dacordo no novo regulamento que vai servirnos de marca, que será un traballo longo, pero no que estamos implicados. “

 

Areta Bolado, madriña e imaxe da campaña

 

A actriz porriñesa  Areta Bolado, premio María Casares de Teatro Galego, herdeira dunha longa tradición panadeira, e integrante da compañía de teatro “A Panadaría”, que na actualidade conta por éxitos as súas obras “Pan, Pan!” ou “Panamericana”, foi a madriña da campaña, da que asegurou sentirse “moi orgullosa como porriñesa”.

 

 

Areta "é hoxe a voz" deste proxecto”, neta e bisneta de panadeiros, "de feito a miña compañía chámase A Panadaría", resumiu nunha frase a forza desta proposta, "como dixo Federico García Lorca cando inaugurou a biblioteca do seu pobo, Fuente Vaqueros: só precisamos medio pan e un libro...o pan e cultura e a cultura é alimento".

[...]
      Leer más...

ABANCA e ACIPOR asinan un convenio para facilitar o crédito aos comerciantes do Porriño

CCA Morea - 18/01/2016
Ver noticia

ABANCA e ACIPOR asinan un convenio para facilitar o crédito aos comerciantes do Porriño 

 

O banco e a asociación sectorial asinan un convenio de colaboración para reactivar a actividade comercial na localidade pontevedresa

 

O convenio asinouse na nova sede de ABANCA na Avenida Bos Aires número 20 (Ponte do Valo), a primeira que se abre en Galicia dende o inicio de ABANCA, o que atestigua a importancia e puxanza de O Porriño no eido económico,

 

18.01.2016. ABANCA e a Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial desta localidade pontevedresa na súa nova sede no Porriño, ubicada na Avenida Bos Aires Número 20 (Ponte do Valo) que extá operativa dende o pasado xoves día 14, e que en palabras dos representantes de ABANCA, trátase da primeira sucursal que ABANCA abre en Galicia dende a súa nova etapa, o que da testimonio da puxanza económica do Porriño.

 

A presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez Rodríguez, e o director de zona de ABANCA no Porriño/Condado/Paradanta, Luis Martín Blanco Conde, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do sur de Galicia e co Porriño en concreto. O convenio facilita que os comerciantes e emprendedores asociados a ACIPOR accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial.

 

O protocolo tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior. Ademais, o documento asinado pon a disposición dos comerciantes do Porriño a comercialización de produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo APLAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) ou sen TPV (banca electrónica). Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento dos dispositivos TPV.

 

Do mesmo xeito, os comerciantes e industriais adheridos a ACIPOR poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. A Presidenta de ACIPOR, Juana Pérez, que aproveitou para valorar a situación económica local con Luis Martín Blanco e os representantes de ABANCA das dúas sucursais porriñesas e de Negocio Institucional de ABANCA, destacou a boa colaboración coa entidade dende fai anos, e afirmou que as entidades adscritas a ACIPOR e ao CCA Morea poderán beneficiarse das condicións recollidas no acordo e que reflicten a puxanza do Porriño.

 

Plan Activamos

 

A entidade porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Dende as oficinas de ABANCA tamén se facilitara a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra (Plan Activamos), así como outros convenio do ICO, Igape e SGR.

[...]
      Leer más...


12 3 4     Siguiente >>