Últimas Noticias:




PONSE EN MARCHA O PINCHORRIÑO 2016 (03/11/2016)
Ver


O CENTRO COMERCIAL ABERTO DO PORRIÑO (MOREA) PREPARA XA A XVª EDICIÓN DE “MERCA NA RÚA” (01/09/2016)
Ver


ACIPOR ORGANIZA DOUS CURSOS DE ATREZZO E PAQUETERÍA (21/07/2016)
Ver



Ver todas las noticias
En Porriño tus compras

  Noticias de interés - Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA - ACIPOR


Detalle de la noticia:

O CENTRO COMERCIAL ABERTO DO PORRIÑO (MOREA) PREPARA XA A XVª EDICIÓN DE “MERCA NA RÚA”

     CCA Morea      01/09/2016
Ver noticia

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), a través da súa presidenta, Dona Juana Pérez Rodríguez informou hoxe da próxima celebración da XVª edición da feira de oportunidades “Merca na Rúa”, un evento que nesta ano 2016, acada a súa XV edición, deixando constancia con elo de que é, sen dúbida, un evento consolidado e de referencia na área. O fixo nunha rolda de prensa celebrada na mañá de hoxe no Concello do Porriño, á que tamén asistiu o concelleiro de comercio, Marcelino Coto. O “Merca na Rúa 2016” celebraráse os vindeiros días sábado 3 das 10 horas da mañá ás 21:30 horas da noite, e o domingo 4 de setembro de 11 horas da maña ás 20:30 horas da tarde, na zona peonil da rúa Ramón González. Nesta edición, serán máis de 25 os establecementos que participarán no “Merca na Rúa”, o que supón unha ampla oferta de produtos aos asistentes. Textil, deportes, moda e complementos, confección, calzado, moda infantil, xoguete, pequeno electrodoméstico, marquetería, óptica, etc… serán entre outros moitos, algún dos servizos e produtos que non quixeron perderse a nova edición de “Merca na Rúa”. Asimesmo, como noutras ocasións, o “Merca na Rúa” disporá de animación para nenos e nenas, coa presenza de hinchables gratis para o seu disfrute.

 

Un evento consolidado que atrae cada vez a máis consumidores

 

A presidenta de ACIPOR Dona Juana Pérez Rodríguez destacou como conclusión, que “Merca na Rúa” convertiuse xa nun evento consolidado para o noso comercio e un evento atractivo para os consumidores non só do Porriño, senón tamén da nosa área. Bó exemplo delo é a crecente afluencia de compradores e o progresivo aumento de establecementos que queren participar, que cada ano, vai medrando, dando testimonio da importancia crecente da feira.