Últimas Noticias:




PONSE EN MARCHA O PINCHORRIÑO 2016 (03/11/2016)
Ver


O CENTRO COMERCIAL ABERTO DO PORRIÑO (MOREA) PREPARA XA A XVª EDICIÓN DE “MERCA NA RÚA” (01/09/2016)
Ver


ACIPOR ORGANIZA DOUS CURSOS DE ATREZZO E PAQUETERÍA (21/07/2016)
Ver



Ver todas las noticias
En Porriño tus compras

  Noticias de interés - Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA - ACIPOR


Detalle de la noticia:

La actriz porriñesa y premio María Casares de Teatro Areta Bolado, será la “musa” del Pan de Porriño

     CCA Morea      22/10/2015
Ver noticia

Na mañá de hoxe o sector panadeiro do Porriño asociado a ACIPOR asistiu a sesión fotográfica que serviu de incio para o deseño da nova campaña de promoción do Pan do Porriño, bautizada como “Pan do Porriño, Pan de Panadería”, e que terá como cara visible á actriz porriñesa, recientemente premiada co premio María Casares de Teatro Galego pola súa actuación na obra “PAN! PAN!”, coa compañía de teatro “A Panadería”. Areta Bolado, con fondas raigames porriñesas e neta de tradición panadeira, será a “musa” do Pan do Porriño na campaña que ACIPOR vai por en marcha para impulsar o sector da panadería local, un dos máis representativos e tradicionais do Porriño. Entre risas e bó ambiente, os panadeiros participaron da sesión de fotos con Areta Bolado ambientada nunha coñecida panadería porriñesa onde se mezclaron as masas das bolas de pan, barras e empanadas co bó ambiente e actitude distentida da sesión. Nas vindeiras semanas, presentarase de xeito oficial a campaña a prensa onde o sector e ACIPOR exporán os seus obxectivos para o Pan do Porriño e os pasos que se están a dar para impulsar o seu coñecemento e proxección. O “Pan do Porriño” constitúe un producto cunha fonda tradición artesanal no Porriño, do que ten coñecemento a través das primeiras fontes históricas que falan do denominado “pan de munición” que se producía para as tropas francesas acuarteladas na comarca durante a ocupación francesa de Napoleón, pero que ten unhas raíces anteriores.