Últimas Noticias:




PONSE EN MARCHA O PINCHORRIÑO 2016 (03/11/2016)
Ver


O CENTRO COMERCIAL ABERTO DO PORRIÑO (MOREA) PREPARA XA A XVª EDICIÓN DE “MERCA NA RÚA” (01/09/2016)
Ver


ACIPOR ORGANIZA DOUS CURSOS DE ATREZZO E PAQUETERÍA (21/07/2016)
Ver



Ver todas las noticias
En Porriño tus compras

  Noticias de interés - Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA - ACIPOR


Detalle de la noticia:

O sector confección, calzado e complementos pon en marcha a campaña “Venres por 15%” o último venres de cada mes

     CCA Morea      28/10/2015
Ver noticia

A Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) e o Centro Comercial Aberto “Morea” porán en marcha o vindeiro venres 30 unha campaña para realizar o último venres de cada mes un importante desconto do 15% aos consumidores que ese día realicen as súas compras.

 

Trátase dun novedoso formato de atracción ao consumo que pretende potenciar as vendas dos establecementos adheridos á campaña cun importante desconto incentivando con elo a actividade comercial. A campaña, que arranca este mes de outubro, ten vocación de permanencia agás nos meses nos que existan outras campañas como as rebaixas, e permitirá ao comercio do Porriño gañar relevancia metropolitana con este atractivo que agardan consolidar e “por de moda” para que os consumidores poidan beneficiarse deste importante desconto.

 

Sector confección, sector complementos, zapatería, roupa deportiva, xoiería, etc… son algúns dos sectores que participarán nesta campaña que xa ten 30 establecementos adheridos á campaña.

 

Descarga aquí o Listado de establecementos adheridos á campaña