Últimas Noticias:




PONSE EN MARCHA O PINCHORRIÑO 2016 (03/11/2016)
Ver


O CENTRO COMERCIAL ABERTO DO PORRIÑO (MOREA) PREPARA XA A XVª EDICIÓN DE “MERCA NA RÚA” (01/09/2016)
Ver


ACIPOR ORGANIZA DOUS CURSOS DE ATREZZO E PAQUETERÍA (21/07/2016)
Ver



Ver todas las noticias
En Porriño tus compras

  Noticias de interés - Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA - ACIPOR


Detalle de la noticia:

O CCA Morea premiará con 3.000 euros en 50 cheques agasallo de 60 euros para os consumidores no comercio local

     CCA Morea      03/12/2015
Ver noticia

A Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) e o Centro Comercial Aberto “Morea” anunciaron hoxe coa posta en marcha da campaña de Nadal, que os consumidores que merquen nos comercios adheridos ao CCA Morea, optarán a gañar un dos 50 cheques agasallo de 60 euros cada un que sorterarán con motivo da campaña de Nadal, un total de 3.000 euros.

 

Trátase dunha iniciativa que procura que os consumidores fagan as súas compras de Nadal no comercio local ofrecendo ademáis de produto de calidade, un incentivo máis á hora de realizar as súas compras de Nadal no Porriño.

 

Así, cada vez que se merque nun establecemento, o consumidor entrará a participar no concurso do 50 cheques-agasallo de 60 euros.

 

Regalar “tarxetas-agasallo”

 

O CCA Morea informou ademáis, que outro modo de agasallar este ano é mercando tarxetas-agasallo, que poderán ser utilizadas en calqueira establecemento adherido ao CCA Morea e que veñen presentadas nunha caixiña para agasallo. Existen a disposición dos consumidores tarxetas-agasallo de 20 euros, 30 euros ou 50 euros para gastar no comercio local do Porriño adherido e que poderán mercalas nas Librerías Paz, Recondo e Copy Rey.