Últimas Noticias:




PONSE EN MARCHA O PINCHORRIÑO 2016 (03/11/2016)
Ver


O CENTRO COMERCIAL ABERTO DO PORRIÑO (MOREA) PREPARA XA A XVª EDICIÓN DE “MERCA NA RÚA” (01/09/2016)
Ver


ACIPOR ORGANIZA DOUS CURSOS DE ATREZZO E PAQUETERÍA (21/07/2016)
Ver



Ver todas las noticias
En Porriño tus compras

  Noticias de interés - Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA - ACIPOR


Detalle de la noticia:

O Pinchorriño consolídase como referente gastronómico galego

     CCA Morea      07/12/2015
Ver noticia


Estimanse máis de 50.000 pinchos nesta edición.

 

A Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) e o Centro Comercial Aberto “Morea” celebrou hoxe o sorteo dos dous fins de semana en Casas de Turismo Rural correspondente á Xª Edicición do Pinchorriño 2015 entre todos os participantes desta edición. A asistencia de público foi tan grande nesta edición que a organización destacou o importantísimo número de solicitudes de participación no sorteo.

 

E non foi para menos. Segundo ACIPOR, este ano o Pinchorriño atraeu sen dúbida ao maior número de persoas dende a súa creación no ano 2006, imprimíronse 17.000 dípticos para participar. Os últimos tiveron que reimprimirse para facer fronte á última semana do concurso, dada a altísima asistencia aos establecementos participantes nesta edición.

 

Este feito unido á gran repercusión que está a ter este certame de tapas a nivel galego supón segundo a Asociación de Comerciantes do Porriño, a consolidación a nivel galego dun festival que atrae xente de toda Galicia durante a súa celebración. A organización destacou ter constancia de asistentes dende varias provincias galegas e no Norte de Portugal, onde a afluencia e maior cada ano, como amosa a asistencia de persoas dende preto de Oporto ou Vilanova Famaliçao ata Coruña, Fene, así como da área metopolitana, o interior pontevedrés e ata perto de Ourense. “Puidemos ver establecementos ateigados que chegaban a dar cada día 700-800 tapas… En total estimamos que puideron darse en todo o mes probablemente máis de 50.000 pinchos”. Un feito que sen dúbida, consolida a bóia saúde do certame e a súa continuidade, éxito ao que cada ano se suman máis establecementos do municipio.

 

Premiados 2015

 

Os premiados nesta ocasión foron a tudense Raquel Lorenzo Álvarez e a porriñesa Digna del Campo Pérez. O sorteo celebrouse esta mañá na sede de ACIPOR coa presenza do Primeiro Teniente Alcalde do Porriño, Manuel Carrera, quen destacou o éxito do desta edición e “a importancia do Pinchorriño na dinamización da hostalería local cada ano, sendo xa un referente a máis alá do Porriño