Últimas Noticias:




PONSE EN MARCHA O PINCHORRIÑO 2016 (03/11/2016)
Ver


O CENTRO COMERCIAL ABERTO DO PORRIÑO (MOREA) PREPARA XA A XVª EDICIÓN DE “MERCA NA RÚA” (01/09/2016)
Ver


ACIPOR ORGANIZA DOUS CURSOS DE ATREZZO E PAQUETERÍA (21/07/2016)
Ver



Ver todas las noticias
En Porriño tus compras

  Noticias de interés - Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA - ACIPOR


Detalle de la noticia:

ABANCA e ACIPOR asinan un convenio para facilitar o crédito aos comerciantes do Porriño

     CCA Morea      18/01/2016
Ver noticia

ABANCA e ACIPOR asinan un convenio para facilitar o crédito aos comerciantes do Porriño 

 

O banco e a asociación sectorial asinan un convenio de colaboración para reactivar a actividade comercial na localidade pontevedresa

 

O convenio asinouse na nova sede de ABANCA na Avenida Bos Aires número 20 (Ponte do Valo), a primeira que se abre en Galicia dende o inicio de ABANCA, o que atestigua a importancia e puxanza de O Porriño no eido económico,

 

18.01.2016. ABANCA e a Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial desta localidade pontevedresa na súa nova sede no Porriño, ubicada na Avenida Bos Aires Número 20 (Ponte do Valo) que extá operativa dende o pasado xoves día 14, e que en palabras dos representantes de ABANCA, trátase da primeira sucursal que ABANCA abre en Galicia dende a súa nova etapa, o que da testimonio da puxanza económica do Porriño.

 

A presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez Rodríguez, e o director de zona de ABANCA no Porriño/Condado/Paradanta, Luis Martín Blanco Conde, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do sur de Galicia e co Porriño en concreto. O convenio facilita que os comerciantes e emprendedores asociados a ACIPOR accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial.

 

O protocolo tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior. Ademais, o documento asinado pon a disposición dos comerciantes do Porriño a comercialización de produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo APLAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) ou sen TPV (banca electrónica). Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento dos dispositivos TPV.

 

Do mesmo xeito, os comerciantes e industriais adheridos a ACIPOR poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. A Presidenta de ACIPOR, Juana Pérez, que aproveitou para valorar a situación económica local con Luis Martín Blanco e os representantes de ABANCA das dúas sucursais porriñesas e de Negocio Institucional de ABANCA, destacou a boa colaboración coa entidade dende fai anos, e afirmou que as entidades adscritas a ACIPOR e ao CCA Morea poderán beneficiarse das condicións recollidas no acordo e que reflicten a puxanza do Porriño.

 

Plan Activamos

 

A entidade porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Dende as oficinas de ABANCA tamén se facilitara a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra (Plan Activamos), así como outros convenio do ICO, Igape e SGR.