Últimas Noticias:




PONSE EN MARCHA O PINCHORRIÑO 2016 (03/11/2016)
Ver


O CENTRO COMERCIAL ABERTO DO PORRIÑO (MOREA) PREPARA XA A XVª EDICIÓN DE “MERCA NA RÚA” (01/09/2016)
Ver


ACIPOR ORGANIZA DOUS CURSOS DE ATREZZO E PAQUETERÍA (21/07/2016)
Ver



Ver todas las noticias
En Porriño tus compras

  Noticias de interés - Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA - ACIPOR


Detalle de la noticia:

Xa tes todas as pistas do xogo "O Pirata Xan Martiño e os cofres do Porriño". Podes participar ata o día 30 de Outubro.

     CCA Morea      28/09/2015
Ver noticia

Se vos perdestes algunha pista do xogo #OPirataXanMartiño organizado polo CCA Morea, aquí as tedes todas. Tedes ata o mércores día 30 para entregar as vosas fichas e entrar no sorteo dun dos dous cofres do tesouro. Velaquí tedes todas as pistas!:
 
PISTA 1ª: "Debaixo dos soportais
con moitos xogos e libros
agardate unha rapaza
con cabelos coloridos..."
 
PISTA 2ª: "Con mil libros por banda,
e o teito de cor entre marrón e rosa,
non vende só libros senon tamén moita outra cosa
a carón dunha fonte con lanza, moi, moi famosa,"
 
PISTA 3ª: Con dous pisos de cristaleira atopas,
se dende o mercado á peatonal tocas
e non corres, senon galopas,
se alí os teus tenis e chandals compras....
 
PISTA 4ª: Entre san benitiño e san sebastían,
a carón dunha praza con moito sabor a pan,
atópase unha tenda onde mercar zapatiños, roupa e gabán
se es pequeniño e algo pillabán....
 
5ª PISTA: Se por Manuel Rodriguez vás,
Ollo coas aguias da casa que alí verás.
Fronte unha antiga sastrería atopas a montón,
Calcetins, calzóns e ata un camisón!
Compra un pixama alí Xan Martiño,
Que xa ven o frío e estarás ben quentiño...!!
 
6ª PISTA: Vai con tento e ten moito coidadiño,
Se polos soportais pasas amodiño,
Pois os nenos quedan sempre pasmadiños,
De tanto xoguete que alí hai, Xan Martiño.
PISTA 7º: Se por Fernandez Areal, pasando o centro de saúde, vás,
Moitos xogos e bolas nunha esquina atoparás
Cumpreanos, festas e máis coca-colas terás
Se alí, Xan Martiño, a áncora botas un anaquiño.
 
PISTA 8º: A carón dun Pino Manso atopase un Rei,
Armado de bolis, libretas e ata un pincel,
Cabalgando ata as escolas nun fermoso corcél
De fotocopias de colores como un sol de mil flores.
 
PISTA 9º: Alovai por Antonio Palacios o pirata Xan Martiño,
A mercar uns zapatos para o seu sobriño,
Disque nunha tenda con calzado ben feitiño,
E a xantar unhas burgers ali moi pretiño...
 
PISTA 10ª: Disque Xan Martiño é bó xogador,
E en Ramon González bota a quiniela con moito ardor,
Mais -carafio!!- esqueceu a pluma no seu navío
¡bramou o pirata cun asubío!
!Menos mal que teño esta tenda tan bonitiña!
De libros, bolis e plumas en caixiñas...
E aló marchou a mercala axiña
E de paso unhas chuches, alí cerquiña...
 
PISTA 11º: Xa chegan as festas do Cristo do Porriño,
E por Manuel Rodríguez vai Xan Martiño.
Roupiña de domingo quere o seu sobriño estrear
Pantalón, camisa e chaqueta ali pensa atopar.
Disque moita roupa alí van mercar
Pra os nenos e nenas de todo o lugar
Se un 55 vas ti cruzar
E a carón dunhas águias de pedra de moito aquelar...
 
PISTA 12ª: Non marches inda do Porriño, pirata Xan Martiño!
Sen mercar un chandal, uns tenis e un balonciño.
Xa que para Mos pola rúa Ramiráns ti vás,
Unha tenda ben xeitosa alí atoparás.
Lévalle unha camiseta do Porriño ao teu sobriño
Ou do Celta de Vigo ao teu primo Andreu, pobriño...
 
Lembrade cubrir a ficha e entregala en calquer comercio participante ou escaneada a info@acipor.es. Podes consultar as Bases do Concurso e a Ficha de Respostas nestes enlaces

 

http://www.ccamorea.es/Images/archivos_secciones/Documentos/5_sec.pdf

 

http://www.ccamorea.es/Images/archivos_secciones/Documentos/6_sec.pdf