Últimas Novas:




PONSE EN MARCHA O PINCHORRIÑO 2016 (03/11/2016)
Ver


O CENTRO COMERCIAL ABERTO DO PORRIÑO (MOREA) PREPARA XA A XVª EDICIÓN DE “MERCA NA RÚA” (01/09/2016)
Ver


ACIPOR ORGANIZA DOUS CURSOS DE ATREZZO E PAQUETERÍA (21/07/2016)
Ver



Ver todas as novas
En Porriño tus compras

  Novas de interese - Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA - ACIPOR


Listado de novas:


Dende 13 ata 18 de 20 elementos

<< Anterior 1 2 34     Seguinte >>

CCA Morea lanza o concurso "O Pirata Xan Martiño" para nenos e nenas, dentro da campaña "A volta ó cole"

CCA Morea - 18/09/2015
Ver noticia

A Presidenta do Centro Comercial Aberto do Porriño– Morea da Asociacion de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Dona Juana Pérez Rodríguez, e a xerente do mesmo, Noelia Conde, presentaron hoxe a través dunha comparecencia de prensa o concurso “O Pirata Xan Martiño e os cofres do Porriño” dentro da súa campaña “A volta ao cole”.

 

Na campaña participan un importante número de  librerías, tendas de roupa deportiva, comercios de agasallo e áreas de xogos, calzado e roupa infantil do Porriño, que queren deste xeito, animar a volta ao cole dos máis peques da casa con este novedoso concurso.

 

Poderán participar nenos e nenas do Porriño de idades comprendidas entre 4 e 12 anos, e consistirá nunha serie de acertixos rimados que serán publicados na páxina de Facebook do CCA Morea, e que os nenos e nenas deberán resolver dende o día 21 ata o 25 de setembro e ir apuntando nunha ficha de respostas que poderán conseguir nos comercios participantes na campaña ou descargar ou no Facebook do CCA Morea ou na páxina web www.ccamorea.es. Podes consultar as Bases do Concurso e a Ficha de Respostas nestes enlaces

 

http://www.ccamorea.es/Images/archivos_secciones/Documentos/5_sec.pdf

 

http://www.ccamorea.es/Images/archivos_secciones/Documentos/6_sec.pdf

 

Entre todos os nenos e nenas participantes no concurso, sortearanse dous cofres con moitos regalos donados polos comercios participantes.

 

Con esta medida, ACIPOR pretende dar a coñecer a gran oferta comercial de productos infantís existente no Porriño e que os nenos e nenas coñezan un pouco máis o seu pobo, a súa historia e a súa arquitectura urbana para poder gañar fantásticos premios.

 

Máis información na páxina web www.ccamorea.ese nos comercios participantes no concurso.

 

Descarga o cartel do concurso.

 

[...]
      Ler máis...

Presentación da XIIIª Edición da Feira de Oportunidades "Merca na Rúa" 2015

CCA Morea - 09/09/2015
Ver noticia

 

O Concelleiro de Comercio, Marcelino Coto Troncos, e a xerente do o Centro Comercial Aberto do Porriño– Morea da Asociacion de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Noelia Conde, compareceron hoxe para presentar a próxima celebración da XIII edición da feira de oportunidades “Merca na Rúa”, un evento que nesta ano 2015, acada a súa XIIIª edición, deixando constancia con elo de que é, sen dúbida, un evento consolidado e de referencia na área.

 

O “Merca na Rúa 2015” celebraráse os vindeiros días sábado 12 das 10 horas da mañá ás 22 horas da noite, e o domingo 13 de setembro de 11 horas da maña ás 20:30 horas da tarde, na zona peonil da rúa Ramón González .

 

Calzado, complementos, óptica, pequeno electrodoméstico ou confección serán algún dos productos que este fin de semana a se poderán adquirir con descontos de ata o 80% na XIIIª edición da feira de oportunidades de O Porriño “Merca na rúa”.

 

Este evento que organiza a Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño ACIPOR dúas veces ó ano coincidindo co cambio de tempada, supón un importante balón de oxíxeno para os comerciantes porriñeses xa que, ademáis de permitir que se dea saíida ao stock acumulado, xera un volumen de negocio de entre 40.000 e 50.000 euros.

 

Esta mesma mañá, a xerente de ACIPOR, Noelia Conde, e o concelleiro de Comercio e Industria, Marcelino Coto, presentaron oficialmente o evento que, na súa decimoterceira edición contará con 21 establecementos participantes.

 

“Un evento consolidado, que cada ano atrae a multitude de visitantes ao Porriño “, sinalou Coto, que anunciou tamén unha das novidades desta edición, e é que o Concello do Porriño contratará seguridade privada para custodiar a mercancía dos diferentes stands durante a noite, co fin de evitar que os comerciantes teñan que recoller os seus artigos.

 

Como cada ano, o concello colaborará en loxística e infraestructuras ademáis de dispor varios inchables gratuítos para que os nenos poidan xogar mentres os pais disfrutan dunha xornada de compras.

 

Outra das novidades salientables que incorpora o XIII Mercanarúa serán as clases de baile na rúa que impartirán os profesores da academia de baile STUDIO57, diferentes modalidades de baile, para que nenos e maiores disfruten máis si cabe desta xa consolidada festa do comercio local porriñés.

 

Esperámosvos a todos o próximo sábado 12 e domingo 13 na zona peonil do Porriño!!

 

Horario Ininterrumpido:

 

Sábado:10-:00 a 22:00 h.

 

Domingo: 11:00 a 20:30 h.

[...]
      Ler máis...

A XIIIª Edición de "Merca na Rúa" se celebrará os días 12 e 13 de Setembro

CCA Morea - 04/09/2015
Ver noticia

O CENTRO COMERCIAL ABERTO DO PORRIÑO (MOREA) PREPARA XA A XIIIª EDICIÓN DE “MERCA NA RÚA” PARA OS DÍAS 12 E 13 DE SETEMBRO

 

A Presidenta do Centro Comercial Aberto do Porriño– Morea da Asociacion de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Dona Juana Pérez Rodríguez, e a xerente do mesmo, Noelia Conde, compareceron hoxe para informar da próxima celebración da XIII edición da feira de oportunidades “Merca na Rúa”, un evento que nesta ano 2015, acada a súa XIII edición, deixando constancia con elo de que é, sen dúbida, un evento consolidado e de referencia na área.

 

O “Merca na Rúa 2015” celebraráse os vindeiros días sábado 12 das 10 horas da mañá ás 22 horas da noite, e o domingo 13 de setembro de 11 horas da maña ás 20:30 horas da tarde, na zona peonil da rúa Ramón González .

 

Nesta edición, serán máis de 21 os establecementos que participarán no “Merca na Rúa”, o que supón unha ampla oferta de produtos aos asistentes. Textil, deportes, moda e complementos, confección, calzado, moda infantil, xoguete, pequeno electrodoméstico, marquetería, óptica, etc… serán entre outros moitos, algún dos servizos e produtos que non quixeron perderse a nova edición de “Merca na Rúa”.

 

Asimesmo, como noutras ocasións, o “Merca na Rúa” disporá de animación para nenos e nenas, coa presenza de inchables gratis para o seu disfrute.

 

Un evento consolidado que atrae cada vez a máis consumidores

 

A presidenta de ACIPOR  Dona Juana Pérez Rodríguez destacou como conclusión, que “Merca na Rúa” convertiuse xa nun evento consolidado para o noso comercio e un evento atractivo para os consumidores non só do Porriño, senon tamén da nosa área. Bó exemplo delo é a crecente afluencia de compradores e o progresivo aumento de establecementos que queren participar, que cada ano, vai medrando, dando testimonio da importancia crecente da feira.

[...]
      Ler máis...

O CENTRO COMERCIAL ABERTO MOREA DO PORRIÑO PON EN MARCHA UN PLAN DE COMUNICACIÓN

CCA Morea - 22/07/2015
Ver noticia

 

 

O CENTRO COMERCIAL ABERTO MOREA  DO PORRIÑO PON EN MARCHA UN PLAN DE COMUNICACIÓN CO OBXECTIVO DE PROMOCIONAR UN COMERCIO DE CALIDADE “METROPOLITANO, TRANSFRONTEIRIZO E DIXITAL”

 

A Presidenta do Centro Comercial Aberto do Porriño– Morea da Asociacion de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Dona Juana Pérez Rodríguez, e a xerente do mesmo, Noelia Conde, compareceron hoxe en prensa para presentar o Plan de Comunicación do Centro Comercial Aberto Morea que ten como obxectivo promocionar a imaxe do Centro Comercial Aberto “Morea” do Porriño a través da realización dun conxunto de accións enfocadas a difundir un comercio de calidade e competitivo en tres eidos ben diferenciados: o comercio de cercanía e a súa progresiva difusión dixital, a oferta segmentada sectorialmente para por de manifesto a amplitude e calidade da diversa oferta de servizos e productos do CCA, e tamén a potenciar a imaxe do comercio porriñés no eido metropolitano e transfronteirizo e ante o turismo e o camino xacobeo.

Para elo, o CCA Morea, deseñou un conxunto de accións recollidas no Plan de Comunicación no que pretenden marcar unha estratexia de acción coordinada entre todos os socios para acadar o obxectivo de promocionar a imaxe do comercio porriñés e por en valor as súas fortalezas e amplitude de oferta de servizos e productos. Asimesmo, ademáis de potenciar as súas ferramentas dixitais e redes sociais (páxina web e paxina de  Facebook CCA Morea e a nova conta de Twitter @ccamorea_acipor) estableceu un calendario de accións a desenvolver nos vindeiros meses co obxectivo de gañar presencia e difundir e promocionar o comercio local.

A presidenta do CCA Morea, Juana Pérez, manifestou que este plan de comunicación “é un paso máis cara a modernización do noso comercio local e na procura de abrirnos ao futuro dixital no que estamos inmersos, a dar tamén importancia a tódolos sectores do CCA Morea, e a tratar de gañar presencia a nivel metropolitano e como concello transfronteirizo co Norte de Portugal de cara a gañar potenciais clientes do nestes nichos de mercado.”

[...]
      Ler máis...

Novagalicia Banco apoya al comercio de O Porriño a través de un convenio financiero firmado con ACIPOR

acipor - 21/10/2013
Ver noticia

 

APOYO A PYMES Y AUTÓNOMOS

 

-El acuerdo incluye productos adaptados específicamente a sus necesidades.

 

21/10/2013. La Asociación de Comerciantes e Industriales de Porriño (ACIPOR),  ha suscrito un convenio con Novagalicia Bano por el que  sus asociados podrán  beneficiarse de un catálogo de productos diseñado específicamente y que incluye nuevas fórmulas de financiación para el comprador.  

 

El convenio financiero entre ambas entidades fue suscrito hoy por Juana Pérez Rodríguez, presidenta de ACIPOR, y María del Carmen Fernández Penas,  directora de zona de Novagalicia Banco en O Porriño.

 

En virtud de este acuerdo todos los asociados podrán beneficiarse de productos financieros en condiciones ventajosas, como préstamos personales, pólizas de crédito, y leasing mobiliario, entre otros. Además podrán ofrecer a sus clientes novedosas fómulas de financiación,como la Tarjeta Comercio/Compras Especiales, que permite aplazar el pago desde el propìo establecimiento hasta 12 meses,o Crediventa, un préstamo telefónico del establecimiento sin coste financiero para el comprador.

 

Además, Novagalicia ofrece a los asociados de ACIPOR la Cuenta Soluciones, un producto exclusivo para pymes y autónomos que cuenta con ventajas financieras como tarjetas de débito y crédito sin comisión de administración ni mantenimiento,o pago gratuito de nóminas.

 

Novagalicia Banco y ACIPOR, en su compromiso con la dinamización en la economía del pequeño comercio de Porriño, han optado por la firma de este acuerdo financiero.

[...]
      Ler máis...

LEI ORGÁNICA PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

acipor - 12/09/2007

Lei orgánica de protección de datos.

 

 

 

 

[...]
      Ler máis...